Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2015

"Locus Amoenus" - Atresbandes

Un momento da representación Aproveita o momento, busca o teu lugar idílico, fai todo o posible por ficar nel e non esquezas que a vida pode rematar nun instante. Entre o   "locus amoenus"   e o   "carpe diem"   abala a proposta que os cataláns Atresbandes presentaron no OTNI do FIOT. Vivimos illados nos nosos propios problemas, mundos e universos, con preocupacións a miúdo intranscendentes e triviais, sen saber que nunha hora todo pode mudar e pasaremos a "non ser", á nada máis absoluta. E que, nunha reviravolta estúpida do destino, a culpa será dun inofensivo coello. Tirando ás veces do surrealismo, con risas e prantos hiperbólicos, con eses sons e músicas amplificados quizais para subliñar a incomunicación que vivimos en realidade os seres humanos, Atresbandes afonda con ironía nos absurdos da nosa existencia, mesturando elementos cotiás -como un libro, unha mazá, un almorzo, unha mochila-, con outros máis transcendentes -a morte, o amor, a orient

"Los esclavos de mis esclavos" - Teatro Meridional

"Los esclavos de mis esclavos" tivo no FIOT a súa primeira representación Afganistán. Un país que ten mudado nun símbolo. Unha verba que significa moito máis que un país. Un desastre político que aparece de cando en cando nas noticias, coma un ruído xordo, coma unha molestia, como un máis dos conflitos esquecidos que proliferan no noso planeta pero que preferimos agochar para vivir con tranquilidade na nosa cómoda e compracente ignorancia. Pero chegan Julio Salvatierra e Producciones Meridional e rescatan para nós todas as complexidades, todos os matices e todas as miserias que acontecen nun lugar que de repente está á volta da esquina. "Los esclavos de mis esclavos" -que ofreceu no FIOT a súa primeira función- sitúanos rapida e abruptamente nas montañas afganas, con economía de recursos empregados con potencia e sabedoría porque non fai falla perdelos en afondar no contexto, senón indo ao gran, ao quid da cuestión. E ese quid é a realidade que se agocha detr

"Presidente" - Teatro do Morcego

Un momento da representación Previsíbel, plana, oportunista e chea de clichés semella a revisión que Teatro do Morcego realiza do panorama político actual. Nada novo achega este "Presidente", que carece de intensidade, que non morde, que non calla. Mágoa ter que enumerar a listaxe de eivas presentes nesta proposta. Mais tentaremos facelo con oficio e sen afondar excesivamente no escarnio. Comezamos co apartado interpretativo, frouxo. Cunha asistente esaxerada, prototípica, insubstancial e psicótica. Cun xefe de campaña pasado de voltas, que non achega ningunha credibilidade. Cuns secundarios esquecibles, incluída esa presentadora de debate coa que hai tanto afán de sarcasmo que acaba sendo unha mala caricatura. Balance negativo para todos nun xuízo sumarísimo no que Celso Parada salva os mobles. Ás veces. Xa que noutras un histrionismo esaxerado asoballa todo intento de cordura. Seguimos coa escenografía, falta de imaxinación, de recursos, por momentos cutre, insultando

"Constelaciones" - Kendosan Producciones

Fran Calvo e Inma Cuevas protagonizan a produción de Kendosan "Deus non xoga aos dados". O azar non existe. Ou si? Arredor desta famosísima frase de   Albert Einstein   xira "Constelaciones", unha proposta teatral na que os intérpretes Fran Calvo e Inma Cuevas deconstrúen unha e outra vez a historia dunha parella, Roland e Marianne, nos seus peores e mellores momentos, nun interesantísimo exercicio de teatro que require un espectador atento para non perder ningún dos matices que se nos ofrecen enriba do escenario. "Sólo somos partículas gobernadas por una serie de leyes muy particulares que se desparraman por todas partes", asegura Marianne, física cuántica, en plena borracheira. "Si todo lo que voy a hacer en mi vida ya existe, ¿qué pinto yo?", afirma o apicultor Roland. Máis aló do vertixe que este tipo de afirmacións existenciais poidan provocar na nosa consciencia, "Constelaciones" amósanos que cada decisión, cada mo

"El testamento de María" - Blanca Portillo

O berro mudo chegou á alma do público Aínda que "El testamento de María" é unha coprodución do Centro Dramático Nacional, o Festival Grec e Avance P.T., semella de xusto recoñecemento titular este comentario como "el testamento de Blanca Portillo". Porque aínda que toda a peza, en todos os seus aspectos, está coidada ao máximo, a xenialidade da Portillo, o seu estado de graza, fai que todo brille dunha forma que, probablemente, con outra actriz menos inspirada destacaría algo menos. Todo nesta revisión seglar e algo pagá sobre a vida de María de Nazaret, moi afastada da "Virxe María", está engraxado á perfección. Excepcional o atrezzo e a escenografía, complicada e sinxela a un tempo, axeitada e fermosa. Espectacular o vestiario de Mercé Paloma, que se transforma diante dos nosos ollos en traxe de festa ou sobrio loito a través de sinxelos movementos. Marabillosa a iluminación e os efectos de son, sempre ao servizo da peza e do lucimento da protagonis

"Los nadadores nocturnos" - Draft.Inn

José M. Mora explora a sociedade actual a través de persoas con carencias afectivas Orixinal, bela e profunda. Intanxible, pedante e barroca. Son algunhas das verbas que poderían describir "Los nadadores nocturnos", unha das propostas máis inclasificables deste FIOT, que navega procelosamente entre augas difíciles sen conseguir manterse de todo a flote. Nun momento da representación, un dos personaxes afirma que "a levidade é o contrario do pretencioso". E podemos concordar en que a proposta escenográfica de Carlota Ferrer e textual de José Manuel Mora é calquera cousa menos "leve". Podemos logo concluír, nun sinxelo aforismo, que dado que a proposta non é leve, é pretenciosa? En parte si, adoptando non só a acepción que recolle o libreto, senón tamén entendendo pretencioso como reflexo dun exceso de ambición. Entre todos os estímulos que ateigan o escenario, o espectador é quen de recoñecer faíscas brillantes, momentos mesmo sob

"Latente" - Paula Quintana

Paula Quintana dirixe e interpreta "Latente" Non deixo de insistir en que, quen perde as propostas do OTNI perde boa parte dos espectáculos máis orixinais, fermosos e humildes do FIOT. Entendendo a humildade como unha forma de petar á porta do festival sen facer ruido, con falta de soberbia pero con talento. Prescindindo dos espaventos doutras pezas que ás veces pretenden esconder as súas eivas baixo un verniz artificioso. O "Latente" de Paula Quintana encaixa perfectamente neste tipo de apostas dóces e belas que empapan de arte. Máis orixinal na forma que no fondo, con un texto algo naíf, "Latente" relata o baleiro existencial e rutineiro no que está somerxida a protagonista, que comeza a busca do seu propio ser. "¿Seguro que Paula Quintana no está en la sala?". E resulta que está e non está. Porque en realidade ela non se recoñece, mudada nunha persoa que sempre cumpre coas cousas que hai que facer e da maneira que hai que facelas. Que se e

"Édipo" - Companhia do Chapitô

Os actores transfórmanse en múltiples personaxes A traxicomedia é un xénero difícil. Resulta complicado camiñar sobre a lene liña que separa o riso e o pranto. Entre o absurdo e a desesperación máis absoluta, ás veces derivada dese mesmo absurdo. E a tarefa, tal que traballo hercúleo, semella aínda máis complexa cando nos enfrontamos a   Sófocles   e o seu "Édipo". A historia do bebé bautizado polos seus "pés inchados", aquel que non puido sobrepoñerse ao destino que escribiu ese oráculo mítico: matar ao teu pai e casar coa túa propia nai. Un sino que acaba cumpríndose porque non colle en cabeza humana que unha crudelísima sibila sexa quen de vaticinar e facer cumprir barbaridade tal. Como pode a  Companhia do Chapitô  espertar as gargalladas con ese punto de partida? Como pode facelo completamente núa diante do escenario? Sen nada. Sen vestiario acaído, sen maquillaxe. Sen cadeiras: "no hay sillas en el palacio". Pois a base

"Juanita calamidad" - Chirigóticas

Un momento do espectáculo Os paradoxos son contradiccións aparentes, contraposicións que nos axudan a entender mellor, por oposición, aquilo do que se fala. Pero mentres nalgunhas ocasións poden ser moi esclarecedores, outras veces son simplemente iso, un paradoxo sen sentido. E, por momentos, iso pareceu a proposta das andaluzas Chirigóticas que abriu, con cheo absoluto nas bancadas, esta XXIV edición do FIOT. Pode unha proposta teatral ser divertida e aburrida? Pode espertar gargalladas e á mesma vez facernos mirar o reloxo de cando en cando? Semella que si. A compañía gaditana cóntanos en clave humorística e musical a historia de "Juanita Calamidad", ou Juanita "pistola", "recortá", "metralleta", "macarra", en referencia a esa  Calamity Jane  do salvaxe oeste que foi soldado, nómada, prostituta ocasional e tamén nai. Mesmo a chaman -reiteradamente- "Juanita Raskólnikov", en lembranza do celebérrimo Rodión Románovich R

Programa do XXIV FIOT

Un ano máis quero agradecer a toda a xente que tomou a molestia de ler as miñas opinións acerca das funcións do FIOT 2014 e que está disposta a seguir léndoas nesta nova andaina. Na anterior edición o número de seareiros medrou considerablemente grazas á difusión nas redes sociais de Turismo Carballo e do propio FIOT, a quen lle agradezo moito a súa amabilidade. Este ano, ademais, podedes atoparme no propio web do festival na sección "Novas/Opinan" , xunto co blog do compañeiro fioteiro Santi Pazos e un xornal de artes escénicas. Seguro que a esta sección iranse sumando moitos "opinadores" e seguidores e seguidoras do festival. Como cada ano, e aínda que xa coñeceredes de sobra o programa deste novo FIOT, deixo testemuño do excelente, completo e intensísimo programa que muda Carballo en teatro durante un mes. Por último, e xa que escribo dende un blog, anímovos a opinar sobre as miñas verbas. Estou aberta a calquera comentario, debate ou opinión que queirades enga