Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

"30/40, Livingstone" - Setze Fetges Associats

Sergi López e Jorge Picó durante a función Unha viaxe existencial apoiada no humor surrealista e absurdo, no sarcasmo, na sátira e con moito fundamento: "el buscar". Este podería ser o conciso resumo de "30/40, Livingstone" na que Sergi López e Jorge Picó espertaron non poucas risas entre o público do auditorio do Pazo da Cultura nunha das propostas máis delirantes deste FIOT. Os dous actores, nun escenario practicamente baleiro, realizan unha interpretación moi física cunha xestualidade e expresión corporal que o mesmo serve para provocar gargalladas, que para transmitir frustración ou mesmo un baleiro existencial. Digna de mención a técnica e o esforzo de Jorge Picó, nun contrapunto cómico-mítico e mudo. E especialmente intenso o dispendio de forza de Sergi López, que, a pesar de certos histrionismos, mantén en todo momento o ritmo e a tensión da peza, amosando un grande talento para a comedia, transcendendo calquera circunstancia ridícula -ou máis ben servín

"El asno de oro" - Rafael Álvarez "El Brujo"

"El Brujo" recolleu o Premio do Público 2005 "Asinus sapiens fuit, sed sapientior erit". Traduzo. "O asno foi sabio, pero máis sabio ha ser". Tal foi a sensación que Rafael Álvarez "El Brujo" deixou no auditorio do Pazo da Cultura. Desde o primeiro momento, e como adoita facer, despregou unha lección de humildade, clase, saber estar, dominio escénico, humor, empatía e interpretación que fixo que unha hora e media de Apuleyo non semellase máis de dez minutos. Ben pouco precisa este actor para conquistar ao público, agás un tallo, un traxe branco, un pano vermello no chan e a inestimable axuda de tres músicos e dunha acaída iluminación para captar e manter a atención do respectable. "Castigat ridendo mores". Traduzo. "Emenda os hábitos rindo". E non sei se melloramos os nosos costumes aproveitando a axuda da sátira característica deste xograr cordobés, mais rir, rimos. Non obstante, certo é que o espectáculo deixou na atmos

"Otelo" - El Viaje Inmóvil

Os bonecos semellan ter sentimentos Implacable, irónica, reivindicativa e interesantísima proposta dos chilenos El Viaje Inmóvil para presentar a traxedia do negro "Otelo" shakespeariano no FIOT. Non é a primeira vez que visitan o festival, no que xa estiveran co seu orixinal e aparatoso "Gulliver". Mais desta volta penso que a súa pegada ten sido máis contundente no maxín do espectador. Nunha XXIII edición na que até o de agora a ampla maioría das compañías téñense centrado en explorar o teatro dende dentro, buscando constantemente o rupturismo e a implicación do espectador, agradécese a presenza dunha peza máis clásica en canto ao desenvolvemento argumental e expositivo, pero nada convencional formalmente, cun aproveitamento do espazo e das marionetas que somerxeu ao espectador na historia practicamente dende o primeiro momento. Comezamos co eco do repenique duns tacóns e o culebrón televisivo "El moro de Venecia", unha alusión coa que o público é c