Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2013

Maridos y mujeres - Teatro de la Abadía

Alicia e José Luis, unha das parellas da obra Os "Maridos y mujeres" de Teatro de la Abadía cumpriron co público do auditorio do Pazo da Cultura. Pero, a xulgar pola intensidade e duración dos aplausos nas bancadas, a cualificación é un notable alto, pero non a desexada matrícula. E desta volta, comparto a apreciación do sempre respectable espectador. A pesar de que o guión é excepcional e as interpretacións de todos os actores e actrices moi correctas, hai algo que non acaba de encaixar. Que non acaba de conmover. Que non foi quen de inspirar ao espectador máis aló de apreciar o mérito dunha proposta ben construída, ben escenografiada e moi ben executada. E confeso a miña incapacidade para determinar un motivo concreto para esta frialdade. Porén, a miña obriga para quen toman o esforzo de ler estar liñas, é tentar descubrilo. Unha das causas pode ser simplemente conceptual. Certamente, os enredos sentimentais de Woody Allen sempre provocan a hilaridade. Os seus persona

Las cosas también tienen mamá - La mona ilustre

Un momento da representación Orixinal e sorprendente. Agarimosa e doce. "Las cosas también tienen mamá", de La mona ilustre, ofreceulle ao FIOT unha maneira distinta de facer teatro, tanto no interpretativo como no escenográfico, para deixar un moi bo sabor de boca nas táboas do Pazo da Cultura. A única proposta internacional desta 22 edición destaca, especialmente, polo decorado e o atrezzo. Bonecos, marionetas e actrices navegan por riba do escenario con soltura, cambiando de situación, ambiente e estado de ánimo con fluidez para contar unha historia que quere lembrar as mulleres fortes e sacrificadas de García Lorca, que viven encerradas no seu propio e pequeno mundo; e a un pobo que nos retrotrae a esas vilas descritas, neste caso por outro García, García Márquez, en moitas das súas novelas. Vilas pequenas, opresivas, nas que o crime, a desgraza, o amor ou a familia se viven en comunidade. Nas que cada quen ten que buscar a solución aos seus propios problemas. Nas qu

Criaturas - Teatro do Aquí

Frankenstein observando unha das "Criaturas" Dicía Camilo Franco, recoñecido crítico teatral, no "Café con..." previo á representación de "Criaturas", que as obras teatrais de Roberto Vidal Bolaño poden ser simplemente lidas, como novelas dramatúrxicas, sen a necesidade de levalas enriba dun escenario. A súa potente mensaxe non se perde e os méritos do autor son igualmente evidentes. Tendo sido homenaxeado no Día das Letras de 2013, tiven a oportunidade precisamente de ler "Criaturas", de lela sen máis, no sofá, con calma, ao igual que outras obras de Vidal Bolaño. E recoméndolle aos amantes da lectura que o fagan. No papel, "Criaturas" desvélase como unha sátira social de altura, unha visión aceda sobre o mundo que nos rodea, no que o Frankenstein que nos axexa é moito máis humano que o humano. Un texto no que un asasino quen de arrincarlle o corazón ao obxecto do seu amor para poder vivir con el para sempre merece máis a tenrura,

Distancia siete minutos - Titzina Teatre

A obra reflicte a falta de comunicación ente pai e fillo Sete minutos é a nada desprezable distancia de separación que existe entre un pai e un fillo. Entre a tecnoloxía humana e o planeta Marte. Entre a vida e a morte. Tres distancias coas que a compañía catalá Titzina Teatre fala sobre a busca da felicidade, ou máis ben sobre os motivos que nos fan perdela e as súas consecuencias. "Distancia siete minutos", a través dos casos que resolve día a día un xuíz, Félix, e da practicamente inexistente relación que ten co seu pai, persegue emocionar ao espectador reflexionando sobre as grandes preocupacións do ser humano: a morte, o amor, a familia, o universo, a xustiza, o destino e a esquiva felicidade. Recorrendo ao xa característico estilo Titzina, Pako Merino e Diego Lorca interpretan todos os personaxes, manexan a impecable escenografía en múltiples escenas que se suceden con axilidade e coidan ao máximo, como en todas as súas producións, os elementos visuais e audiovisua

Sé de un lugar - Producciones Prisamata

Cartel promocional de "Sé de un lugar" En cada edición do OTNI sempre agarda agochada unha pequena xoia. E "Sé de un lugar", de Producciones Prisamata, é sen dúbida o tesouro deste ano, nun ciclo que cada vez semella máis e máis imprescindible no programa do FIOT. Todas as expresións artísticas humanas que pretenden contar unha historia xiran arredor dos mesmos temas, son variacións sobre idénticos leit motiv: a morte, o amor, o diñeiro, o sexo, a enfermidade, a guerra... Por iso mesmo, na maioría das ocasións, a forma semella incluso máis importante que o fondo cando chega o momento de transmitir. Non é tanto o que se conta, mais como se conta. E, en principio, Prisamata pon en xogo unha trama que podería ter todos os ingredientes das comedias románticas ao uso. A saber: home deprimido despois de romper coa súa parella; ex parella que quere converterse na mellor amiga; relación cada vez máis próxima, tóxica e complicada e xiro final inesperado que fai que o moz

Un trozo invisible de este mundo - Producciones Cristina Rota e Teatro Español

Cartel promocional da obra Non me declaro moi afeccionada ao "teatro social", entendido como teatro de denuncia social. Coido que existe unha especie de perversión en moitas destas propostas que claramente pretenden conmover ao espectador coas miserias do mundo, pero que, en lugar de acadar que o público supere a súa pasividade e comece a loitar por cambiar as cousas e polo ben común, máis ben o que consegue é provocar un efecto catártico, pero inútil. O espectador marcha para a casa coa conciencia tranquila por ter pagado unha entrada para reflexionar sobre o terrible da vida doutros. Satisfeito consigo mesmo, pensando "que sensible son! que razón tiñan!". Para ao día seguinte esquecer sequera que existe un terrible "trozo invisible deste mundo", que a partir de agora será un pouco máis visible, pero non por iso menos real e perenne. Seguramente, quen así pensamos somos vítimas dun cinismo escéptico nada saudable. Outro dos motivos para dubidar daqui

Siglo de oro, Siglo de ahora (Folía) - Ron Lalá

Un momento da representación Risas, risas e máis risas. E talento: teatral, musical, literario e interpretativo. Todo encaixado para construír unha folía (aparte / festa barroca de pezas breves, tolería / fin do aparte). Ron Lalá aterra no FIOT como un vendaval imparable, co seu acostumado ritmo endiañado, para facernos ver que catro ou cinco séculos "non son nada". Que o mesmo dá que nos leve as contas o Conde Duque de Olivares ou Montoro, que os nosos ídolos sexan Lope de Vega ou Cristiano Ronaldo, que vivamos nun reino no que nunca se pon o sol ou nun no que o sol case nunca alborexa. Juan Cañas, Íñigo Echevarría, Miguel Magdalena, Daniel Rovalher e Álvaro Tato, baixo a dirección de Yayo Cáceres, reparten zorregadas por igual á igrexa, aos bancos ou aos políticos e incluso ousan satirizar o sacrosantísimo deporte nacional, o opio do pobo (aparte /que diría Karl Marx/ fin do aparte): o fútbol. Unha sátira constante na que ademais somos quen de asumir que o verso semell

Hámster - Triatreros

David Novas e Alba Bermúdez, co director, Fran Paredes Cando no programa do FIOT aparece unha proposta na que a protagonista é unha actriz carballesa xorden varias dúbidas. Un podería pensar que, aínda que o espectáculo non cumprise coa calidade mínima esixida para un festival coma o FIOT, a organización incluiría a peza de todos os xeitos no programa para apoiar, neste caso, a Alba Bermúdez. De ter sido así, sería algo digno de gabar, xa que un dos propósitos dun escaparate tan importante coma o Outono de Teatro ten que ser apoiar as producións galegas e carballesas, así como os talentos locais. Sería perfectamente comprensible que un dos obxectivos do festival fose contribuír a apoiar o teatro feito en Carballo ou por xente da vila. Pero despois da función de "Hámster", o espectador sinte unha especie de alivio ao comprobar que a inclusión desta peza no ciclo OTNI está xustificada polos seus propios méritos. Non só encaixa nos parámetros deste Obxecto Teatral Non Ident

Symon Pédícrí - Diego Anido Co.

Symon Pédícrí no OTNI Difícil de xulgar este "Symon Pédícrí" que trae baixo o brazo o galego Diego Anido dende Cataluña. Trátase, certamente, dun Obxecto Teatral Non Identificado (OTNI). Porén, a complicación reside en saber se ademais de ser unha proposta difícil de clasificar chega realmente a transmitir a súa mensaxe. En "Symon Pédícrí" nótase o coidado labor que reside detrás da peza. A iluminación, a música, o son e incluso a escenografía están moi traballados, ao igual que a interpretación de Anido no seu papel de "Gonzalo", un home calquera do extrarradio de calquera cidade cunha vida mediocre e que na ousadía da inocencia atrévese a montar un espectáculo teatral porque os verdadeiros intérpretes chegan tarde. A partir de aí, a personalidade de Gonzalo vaise esvaecendo e mesturándose coa de Symon Pédícrí e a do seu irmán do mesmo nome, supostos protagonistas da obra non representada, para irnos achegando unha serie de crises existenciais, de in

Eurozone - Grupo Chévere

O casino virtual de "Eurozone" Satírica, divertida e interesante pero ocasionalmente falta de forza. Irregular e con altibaixos. Este é o pouso que deixa "Eurozone", de Grupo Chévere, segunda proposta do FIOT e primeira dunha compañía galega nesta edición. A idea de partida é realmente fantástica. Os dirixentes económicos e políticos da zona euro son retratados como os matóns de pacotilla da aclamada película de Quentin Tarantino "Reservoir Dogs" (1992). O único mérito destes pseudo personaxes é o de contar con poder grazas a un gatillo fácil e á súa ausencia de escrúpulos. Certamente, é facil imaxinar a Sarkozy, Merkel, Cameron, Draghi ou Lagarde xogando á ruleta económica e "atracando" aos infelices cidadáns europeos. De cotío son o motivo das dores de cabeza de medio continente. Aínda que non excesivamente orixinal, a idea resulta brillante pola súa forza dramática. Lástima que o desenvolvemento non teña a mesma forza que este fío conduto

André y Dorine - Kulunka Teatro

Un momento da representación Tenro, emocionante, intenso e agridoce. Así pode resumirse o comezo do FIOT 2013, nunha posta de largo cun auditorio ateigado, como vén sendo habitual, neste caso para ver "André y Dorine" de Kulunka Teatro. Os actores Garbiñe Insausti, José Dault e Eduardo Cárcamo compoñen unha historia sinxela, cotiá, que podería pasarlle a calquera, pero que lle pasa a André e Dorine e que, sobre todo, é unha historia de amor incondicional. Sobre o papel pode parecer unha aposta difícil e arriscada, xa que os protagonistas esconden as súas faces baixo unhas máscaras e nin unha palabra é pronunciada na case hora e media de representación. Mais o espectador descobre pouco a pouco que a expresión corporal, a música, os desprazamentos polo escenario e uns cantos obxectos axudan a transcender o feito teatral para transmitir sentimentos, sensacións e historias dun xeito máis efectivo que se os personaxes o estiveran berrando a viva voz xesticulando a súa impoten