Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2012

El Nacional - Els Joglars

Unha das escenas de "El Nacional" Final apoteósico para o FIOT 2012. Non só porque o desenlace de "El Nacional" é dos que deixan unha pegada indeleble, cheo de lirismo, espectacularidade, sentimento e mensaxe, senón porque a maioría da platea non tivo máis remedio que poñerse en pé, como accionados por un resorte imparable, para homenaxear unha magnífica proposta que, a pesares dos seus 20 anos de idade podería ter sido ideada onte mesmo. Despois de ter visto "Rigoletto" nas voces do xenial barítono Leo Nucci e da soprano María José Moreno, teño que recoñecer que sobrevoaban certas dúbidas sobre a pericia de Els Joglars ou de calquera outra compañía para encaixar unha ópera del tal complexidade vocal e incluso argumental como fío condutor dunha obra de teatro. Pero qué ledicia producen ás veces as equivocacións. A pesares do caos aparente e da sensación de que o espectador ten entrado no camarote dos irmáns Marx, todo nesta peza está medido, empapado d